First For Music News


Canto de Nadal de Bembibre (Obradoiros de Cantos de Reis da Coruña) video

"Canto de Nadal de Bembibre" interpretado polos participantes nos Obradoiros de Cantos de Reis organizados no Concello da Coruña. Canto de Nadal de Bembibre Esta noite de Nadal por ser noite de alegría, camiñando vai Xosé e mais a Virxe María. Camiñan para Belén a ver se chegan con día, cando a Belén chegaron a media noite sería. - Abre as portas porteiro a Xosé e a María. - Como as vou abrir? dilles, porque chaves el non tiña. Se non as teño de ouro nin tampouco prata fina, eu só quería saber cando a Virxe paría. A Virxe non pare hoxe nin a noite que xa viña, mais, á media noite en punto, a Virxe parido tiña. Trouxo un neno tan fermoso que ao mundo resplandecía, tanta era a súa pobreza que pano para el non tiña. Botou man ao seu cabelo ao paniño que traía, rompeuno en tres anacos ricamente o envolvía. Baixou un anxo do ceo que ricos panos traía, uns que eran de Holanda e outros de Holanda fina. Subiu o anxo ao ceo cantando o Ave María. Preguntoulle o Pai Eterno: - como queda a parida? - A parida queda ben na camiña recollida, cuberta con mantos de ouro bordados de prata fina. Déanos o aguinaldo, anque sexa pouco un touciño e medio e a metade doutro

Running time: 02:32

 

Traiã§Ao YouTube music videos

See the latest Traiã§Ao music videos from YouTube, video interviews, live sessions, music video news and band walk-ons from around the globe

Free weekly music news, videos and MP3s in your inbox:

CDs